icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

A CONSELLARÃA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PRESENTA AO SECTOR A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

16-04-2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, explicou a iniciativa que ten como obxectivo favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación das zonas rurais
A directoral xeral de Comercio acompañada do xerente de Galicia Calidade, esquerda, e o subdirector xeral de Comercio, dereitaA directora xeral de Comercio, Ana Rúa, inaugurou esta mañá as xornadas de presentación ao sector do programa Rede de Comercio Rural Galego na que se explicou esta iniciativa encamiñada a favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación das áreas rurais. Ademais, os case cen asistentes a este evento informativo tamén puideron coñecer de primeira man a recentemente publicada orde de axudas que destinará 1,5 millóns de euros para o 2008. No acto tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao.

A directora xeral explicou que a Consellaría de Innovación e Industria impulsa o proxecto de creación dunha Rede de Comercio Rural Galego co obxectivo de modificar a tendencia de peche dos establecementos comerciais situados nas zonas rurais do país e polo tanto, favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a viabilidade económica dos establecementos e mellorar as súas expectativas de futuro.

Co obxectivo de impulsar a actividade comercial no rural, a directora xeral detallou que o departamento autonómico está apostando por adaptar a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorar a calidade de servizo ao cliente, apoiar a innovación e a xestión moderna e atraer a novos clientes cara a este ámbito.

Pola súa banda, o xerente de Galicia Calidade sinalou que despois dunha exhaustiva análise da realidade do sector, a consellaría definiu un modelo adecuado ao territorio de actuación baseado en tendas multiservizo concibidas para converterse nun punto de referencia e de comercialización de produtos locais. O pasado ano, abríronse catro destas tendas piloto en Touro, Pontecaldelas, Maceda e Ourol, e ao longo do presente, a Consellaría de Innovación e Industria fixa como un dos obxectivos prioritarios integrar 16 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego posta en marcha en 2007 e alcanzar así a finais do 2008 os 20 establecementos multiservizo.

A Rede de Comercio Rural Galego, sinalou o xerente aos presentes, pretende a dignificación do sector comercial no rural ao mesmo tempo que se crea o selo ?Comercio Rural Galego? como garantía de calidade nos establecementos adheridos á mesma. A través desta iniciativa preténdese que a calidade sexa un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesidade para a supervivencia de calquera empresa. Neste sentido, tamén se recordou aos hostaleiros e comerciantes que un dos requisitos básicos que aqueles establecementos interesados en adherirse á Rede deben cumprir é o de superar unhas exhaustivas auditorías para garantir uns estándares mínimos e en consecuencia, a garantía da fiabilidade.

Un total de 3,5 millóns de euros
Como complemento ao plan estratéxico definido a través da súa Dirección Xeral de Comercio para o fomento do comercio rural, o departamento autonómico deseñou dúas liñas básicas de axudas, publicadas xa Diario Oficial de Galicia, a través das cales se investirán 3,5 millóns de euros. Deste importe, 1,5 millóns de euros están destinados á orde de axudas para a Modernización do Comercio Rural e os dous restantes á ampliación da Rede de Comercio Rural Galego.

Segundo se detalla na orde de axudas da Rede de Comercio Rural Galego, poderán adherirse á mesma os comercios ou emprendedores de todo o país, excepto nos núcleos de máis de 1.500 habitantes situados en concellos de máis de 5.000 habitantes. As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 70% do investimento, sendo o importe máximo subvencionable de 100.000 euros. O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 9 de maio.

Desde finais do pasado mes de marzo, toda a información relativa á Rede de Comercio Rural Galego está dispoñible na web //www.comercioruralgalego.eu//.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS