30-12-2008O conselleiro nacionalista Fernando Blanco visitou o novo establecemento adherido, situado no concello lucense da Pastoriza
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Zapateiro, situada no concello lucense da Pastoriza. Nos vindeiros dÃas, outros doce establecementos máis estarán en funcionamento repartidos por todo o paÃs, co que a Rede de Comercio Rural Galego contará xa con 18 tabernas adheridas. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o delegado da ConsellerÃa de Innovación e Industria en Lugo, Ramón Jesús Cortés, e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao.
En concreto, no establecemento inaugurado hoxe na Pastoriza a ConsellarÃa de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, achegou un total de case 72.000 euros da inversión total, que ascendÃa a 103.000 euros. No proxecto de rehabilitación tÃvose en conta a definición do local para un incremento da oferta de produtos e servizos e para a adaptación ás novas formas de consumo do rural.
Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto. Ademais, tamén se produciu unha actuación integral do seu aspecto exterior dotándoo dunha modernización sen rachar coa súa tradición como casa emblemática da parroquia pastoricense de Bretoña.
Casa Zapateiro, que asà se chama este establecemento, conta con máis dun século de existencia e con gran tradición e sona no concello da Pastoriza. Con esta é xa a terceira xeración que rexenta un negocio no que desde fai máis de 50 anos deu servizo a todos os veciños de Bretoña e dos arredores. Nun principio, Casa Zapateiro era una cantina, que ademais de ter taberna e tenda, tamén dispoñÃa de servizo de reparación de calzado, de aà o seu nome. Ademais, como local social da parroquia contaba cun salón de baile nas dependencias nas que hoxe se destinan a vivenda ademais de servizo de hospedaxe e de restauración. Estas caracterÃsticas son as que fan preciso, por parte da ConsellerÃa de Innovación e Industria, da recuperación dun dos locais máis tradicionais da comarca da Terra Chá.
Máis e mellores servizos para o ruralO departamento autonómico investiu neste proxecto un millón e medio de euros ao longo do ano 2008 . Co desenvolvemento da rede a ConsellarÃa quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo asà varios obxectivos, como son: adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación, mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economÃa rural, dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.
A rede, que contaba até o dÃa de hoxe con catro establecementos piloto repartidos por todo o paÃs, máis o recentemente inaugurado na Pobra do Brollón, en Lugo, e que está promovida pola Dirección Xeral de Comercio da ConsellarÃa de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral ?a través de Galicia Calidade?, unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores. O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantÃa de confianza dos produtos ofertados.
A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mÃnimos comúns a todos os establecementos da rede, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanÃa alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos de calidade. AsÃ, ademais de produtos frescos (hortalizas, verduras, froitas...) e transformados (mel, viño, lácteos, licores), comercialÃzanse denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e ArtesanÃa de Galicia. Canto aos servizos, existen uns mÃnimos como os de café-bar, un punto de información turÃstica, un punto de acceso a internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.
Nos vindeiros dÃas un total de doce tendas máis serán postas en marcha repartidas por todo o paÃs. Deste xeito, a Rede de Comercio Rural Galego contará a finais deste ano cun total de 18 establecementos adheridos, dotando asà a milleiros de galegas e galegos de máis e mellores servizos no rural galego.