icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

O CONCELLO DE OUROL CONTA CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO à REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÃA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

21-02-2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou o proxecto piloto de Casa Balsa,
Inauguración da Casa BalsaO concello lucense de Ourol contará co cuarto e último establecemento piloto da Rede de Comercio Rural Galego emprazado nun antigo salón de baile, Casa Balsa. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, o delegado en Lugo da Consellería de Innovación, Ramón Jesús Cortés, e o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, visitaron esta mañá o establecemento.

Ana Rúa sinalou que coa posta en marcha de Casa Balsa dáse por finalizada a primeira parte do proxecto da Rede de Comercio Rural Galego. Nos vindeiros meses, engadiu, a Consellería de Innovación e Industria porá en marcha unha orde de axudas coa que poderán acceder, logo dun proceso de selección, a unha contía de até un 70 por cento do custo total das obras e até un máximo de 100.000 euros. A partida total para esta iniciativa será de 1,5 millóns de euros para este ano.

Ademais, explicou, que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrando a Rede de Comercio Rural Galego.

O departamento autonómico investirá neste proxecto máis de catro millóns de euros en catro anos. Co desenvolvemento da rede a Consellaría quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo así varios obxectivos, como son:
· adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación,
· mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos,
· crear postos de traballo e dinamizar a economía rural,
· dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.

Esta actuación, que está promovida pola Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral - a través de Galicia Calidade - , unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores.

O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantía de confianza dos produtos ofertados.

A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mínimos comúns a todos os establecementos adheridos, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanía alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos e transformados de calidade. Tamén se comercializan denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e artesanía da comarca.

Canto aos servizos, existen uns mínimos como os de café-bar, un punto de información turística, un punto de acceso a Internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.

Casa Balsa sitúase no antigo salón de baile, construción que conta cun gran atractivo arquitectónico e no que a restauración de todos os seus compoñentes foi un dos piares sobre os que se asentou o proxecto. Un total de máis de 120 metros cadrados repártense no mesmo para os servizos de bar, con case 40 m2, tenda, con 70 m2, estanco, lotarías e apostas do Estado ou mesmo venda de prensa diaria.

O concello de Ourol conta con case 1.500 habitantes dos que boa parte pasan polo núcleo, onde se atopa Casa Balsa e aos que satisfará da maior parte das súas necesidades.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS