icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA GAREA

 

Galería fotográfica

logo: CASA GAREA Con máis de 100 anos de antigüidade, Casa Garea atópase xa na cuarta xeración familiar á fronte do negocio. O establecemento que reabre hoxe as portas atópase a menos de douscentos metros do camiño de Santiago polo que ademais de dar servizos á xente do rural, da parroquia de Castañeda, tamén o fará cos milleiros de peregrinos que pasen polo Camiño Francés dirección Compostela.

A rehabilitación que se realizou no edificio pretendeu en todo momento conservar a súa beleza e tradición arquitectónica, apostando polos materiais de calidade. Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.

Casa Garea é o único establecemento deste tipo na súa parroquia polo que a súa rehabilitación cubre tamén as necesidades da poboación máis próxima ao mesmo. Este establecemento reabre agora as súas portas para dar servizo ás veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías. Ademais, continuará cos servizos que viña ofertando até o momento como o pedido telefónico ou o reparto a domicilio.
 
Enderezo:
Lugar da Portela, s/n
· 15819- Castañeda- Arzúa (A Coruña)

Teléfono: 981500400
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO
en iyi dershane

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÃSICOS à POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

ankara tercüme

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS