icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA PACA

 

Galería fotográfica

logo: CASA PACA Casa Paca supón a reapertura dun ultramarinos que conta con máis de 50 anos de tradicións. Situado na parroquia de Xermar, no concello lucense de Cospeito, este establecemento reabre agora as súas portas para dar servizo á poboación do lugar así como aos turistas que se acheguen polo municipio.

Con servizos de bar e tenda, Casa Paca destaca polo servizo de restauración, sobre todo nas especialidades de carne e bacallao á grella. Unha rehabilitación potente do establecemento que o converten nun lugar apetecible para visitar tanto polo encanto do local como polas paraxes que o rodean.
 
Enderezo:
Lugar de Xermar Nº1
·27377 Xermar- Cospeito (Lugo)

Teléfono: 982520067
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS