icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA ZAPATEIRO

 

Galería fotográfica

logo: CASA ZAPATEIRO Casa Zapateiro conta con máis dun século de existencia e con gran tradición e sona no concello da Pastoriza. Con esta é xa a terceira xeración que rexenta un negocio no que desde fai máis de 50 anos deu servizo a todos os veciños de Bretoña e dos arredores. Nun principio, Casa Zapateiro era una cantina, que ademais de ter taberna e tenda, tamén dispoñía de servizo de reparación de calzado, de aí o seu nome. Ademais, como local social da parroquia contaba cun salón de baile nas dependencias nas que hoxe se destinan a vivenda ademais de servizo de hospedaxe e de restauración. Estas características son as que fan preciso, por parte da Consellería de Innovación e Industria, da recuperación dun dos locais máis tradicionais da comarca da Terra Chá.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto. Ademais, tamén se produciu unha actuación integral do seu aspecto exterior dotándoo dunha modernización sen rachar coa súa tradición como casa emblemática da parroquia pastoricense de Bretoña.


 
Enderezo:
Rúa do Pai Antonio, nº1
· 27746 - Bretoña - A Pastoriza (Lugo)

Teléfono: 982349103
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS