A rede de comercio rural é un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio co obxectivo central de frear a tendencia de peche de establecementos comerciais do rural e manter servizos á poboación residente e turista.
É asà mesmo un punto de referencia de comercialización de produtos locais no rural.
· Frear a tendencia de peche de establecementos comerciais no rural.
· Adaptar a oferta de produtos e servizos dos establecementos ás novas formas de consumo do rural.
· Mellora na calidade do servizo e atención ao cliente.
· Apoiar a innovación comercial e a xestión moderna.
· Atracción de novos clientes no comercio rural: visitantes e turistas.
· Dinamizar a economÃa do rural.
· Ofrecer unha canle de distribución dos produtos locais contribuÃndo ao desenvolvemento da economÃa das zonas rurais.
· Facilitar a inserción das mulleres ao mercado de traballo no rural, tendo en conta que o comercio rural supón unha importante fonte de emprego para as mulleres, xa que o 64% das comerciantes son mulleres.
· Dotar de servizos tecnolóxicos ao rural, cun punto de acceso a internet nos establecementos.
· Deseñar dun establecemento multiservizo viábel no rural.
· Coordinar e promocionar conxuntamente os establecementos adheridos á Rede.
PoderÃan adherirse á rede de comercio rural os comercios ou emprendedores situados en todo o territorio agás nos núcleos de poboación de máis de 1500 habitantes situados en concellos de máis de 5000 habitantes.
Para confirmar este requisito, cando existan dúbidas da poboación do núcleo, o concello correspondente emitirá un certificado.
A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turÃstica e un punto de conexión a internet
Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reunÃronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantÃa