O Multiservizo Rural é un proxecto de achegamento de produtos e servizos básicos ás parroquias das zonas rurais.
Os Multiservizo Rurais ofrecen unha ampla variedade de produtos e diferentes servizos: restaurante, cafetería, servizos subcontratados para os residentes no rural (revelado de fotos, arranxos,...) e atención aos turistas (información turística, venda de artesanía da zona,..) co obxectivo de abastecer ás áreas rurais e ofrecer servizos fundamentais para a mellora da calidade dos habitantes do rural.
A súa xestión é moderna e está adaptada ás novas demandas dos residentes do rural.
· Maior variedade e calidade de produtos e servizos.
· Atracción dos clientes potenciais procedentes do turismo rural, mellorando a atención aos visitantes e turistas cun punto de información turística na parroquia.
· Innovador en aspectos estéticos e de comunicación, convivindo a tradición con nova imaxe.
· Sistema de xestión moderno, contará con ferramentas de xestión adecuadas.
· Dotación de servizos tecnolóxicos no rural: a idea de incluír un punto de internet en cada establecemento que se adhira á rede supón o achegamento ao medio rural de novas tecnoloxías.
Todas as persoas cando vaian a un establecemento de comercio rural deben saber que se van atopar unha serie de produtos e servizos mínimos.
É básica a diversificación nas referencias ofrecidos na procura de viabilidade do establecemento, é así mesmo unha demanda dos residentes do rural.
Produtos mínimos
· produtos frescos locais
· produtos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e denominación xeográfica
· produtos ecolóxicos rexistrados no CRAEGA
· produtos de primeira necesidade
· droguería e bazar
· produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
Servizos mínimos
· servizo de hostalería, bar e tenda
· servizo de internet
· punto información turística
A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet
Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía