icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

10-03-2014
A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet
Kike Piñeiro diríxese aos asistentes á xornada de formación
A Rede de Comercio Rural Galego, dependente da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, impartirá un ano máis a xornada de formación para os seus 39 establecementos adheridos repartidos por toda Galicia. Nesta edición, o cociñeiro Kike Piñeiro e o barista Óscar del Toro serán os encargados de ensinar aos propietarios dos ultramarinos a facer tapas variadas así como un bo café, tanto espresso como de pota.

A xornada terá lugar o vindeiro luns día 10 de 9.30 a 19.00 horas no IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela. A Rede de Comercio Rural Galego organiza unha xornada de convivencia anual entre todos os propietarios para compartir experiencias e iniciativas que poden ser de interese para os demais establecementos.

A marca "Comercio Rural Galego" é consciente de que a calidade é un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesidade para a supervivencia de calquera empresa, polo que, a través de exhaustivas auditorías aos establecementos adheridos garante uns estándares mínimos de calidade.

Todas as persoas cando vaian a un establecemento de comercio rural deben saber que se van atopar unha serie de produtos e servizos mínimos. É básica a diversificación nas referencias ofrecidas na procura de viabilidade do establecemento, porque é mesmo unha demanda dos residentes do rural.

Mínimos requeridos
Todos os establecementos adheridos contan pois con produtos frescos locais, produtos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e denominación xeográfica, produtos ecolóxicos rexistrados no CRAEGA, produtos de primeira necesidade, droguería e bazar, produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

En canto aos servizos, as tendas multiservizo contan con servizos adicionais mínimos á compra: pedido por teléfono, servizo a domicilio, pago con tarxeta, servizo de hostalería, servizo de internet, punto información turística ou mesmo reserva de actividades de ocio situadas próximas ao establecemento.

Dentro dos servizos que ofrece Galicia Calidade, que xestiona a marca Comercio Rural Galego, aos establecementos adheridos á RCRG, está a formación, que se organiza anualmente para os titulares dos actualmente 40 establecementos da RCRG. Este ano recibirán clases da man de Kike Piñeiro (gañador do Premio Nacional de Gastronomía Salvador Gallego) ,para adquirir conceptos e habilidades necesarias para a elaboración de tapas, analizando o proceso de elaboración, conservación, e a presentación á hora de servilos e Oscar del Toro (barista profesional): elaboración de cafés distintos, tanto espressos como de pota.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS