A entidade encargada da xestión da marca de Comercio Rural Galego é Galicia Calidade, responsable das auditorÃas e avaliación dos establecementos candidatos á adhesión.
Galicia Calidade ofrecerá unha serie de servizos aos establecementos:
· Asistencia para a adaptación dos establecementos aos requisitos da rede.
· Asesoramento personalizado a comerciantes: fiscal, laboral e de xestión.
· Seguimento dos establecementos adheridos, plans de mellora comercial continua.
· Formación.
· Publicidade e promoción.
· Melloras coa negociación conxunta a provedores.
Créase o selo "Comercio Rural Galego" como garantÃa de calidade nos establecementos adheridos á rede de comercio rural galego.
A marca Comercio Rural Galego mantén unha unidade de deseño. O cliente que entre nun establecemento de comercio rural ten que saber o que se vai a atopar, o que virá dado polo cumprimento dunhas normas de calidade e referencias comúns na oferta, no servizo, no equipamento e na atención ao cliente que se estableceron nos manuais da rede.
A marca "Comercio Rural Galego" é consciente de que a calidade é un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesidade para a supervivencia de calquera empresa, polo que, a través de exhaustivas auditorÃas aos establecementos adheridos garante uns estándares mÃnimos de calidade.
A Rede de Comercio Rural pretende con isto a dignificación do sector comercial no rural.
O requisito básico de adhesión da rede de Comercio Rural Galego é a viabilidade técnica e económica para o que se fará unha análise da zona, situación do comercio, oferta adaptada ao contorno,...
Os demais requisitos para participar son:
· Estar situado nunha zona rural.
· Aceptación das condicións da rede e cumprimento cos manuais.
· Participar na formación.
· Oferta de produtos e servizos mÃnimos establecidos pola rede.
· Instalación do TPV e asistencia á xornada formativa no establecemento.
· Cumprimento coa imaxe corporativa e co manual de adecuación do local.
· Pasar a auditorÃa inicial da rede.
A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turÃstica e un punto de conexión a internet
Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reunÃronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantÃa