icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

CASA XUSTÁNS EN PONTE CALDELAS, NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

21-02-2008
Casa Xustáns dotará de servizos aos veciños da parroquia mellorando as súas condicións de vida, un dos obxectivos da RCRG
Inauguración Casa XuntánsA Consellaría de Innovación e Industria puxo en marcha un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Xustáns, situado na parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas.

A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, a delegada da Consellaría de Innovación en Pontevedra, Monserrat Prado e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, visitaron esta tarde este proxecto piloto.

Este establecemento, que conta con servizos como bar, tenda, punto de acceso a internet e tamén punto de información turística, dotará dun maior benestar aos veciños da parroquia, un dos obxectivos cos que xurdiu no ano 2007 o proxecto da Rede de Comercio Rural Galego.

Ana Rúa sinalou que nos vindeiros días a Consellaría de Innovación e Industria porá en marcha o último dos catro establecementos piloto que poñen en marcha este proxecto. Explicou que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrados na Rede.

Co desenvolvemento da rede a Consellaría quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural.
Cumprindo así varios obxectivos, como son:
· adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación
· mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economía rural
· dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.

Esta actuación, que está promovida pola Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral, unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores.

O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantía de confianza dos produtos ofertados.

A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mínimos comúns a todos os establecementos adheridos, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanía alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos e transformados de calidade.

Comercialízanse denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e artesanía da comarca.

Canto aos servizos, existen uns mínimos como os de café-bar, un punto de información turística, un punto de acceso a Internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.

Casa Xustáns, que así se chama este novo establecemento, permitirá dotar a parroquia de máis e mellores servizos, facilitando a vida das case 700 persoas que viven na mesma, cunha porcentaxe bastante alta de xente lonxeva que emprega as tendas e servizos máis próximos como única forma de abastecemento. Os usuarios da mesma disporán dun total de 93 metros cadrados, dos cales 75 estarán adicados a tenda de autoservizo.

No proxecto de rehabilitación tívose en conta a definición do local para a adaptación ás novas formas de consumo do rural. Habilitouse unha área de tenda onde se ofertarán un gran abano de produtos, así como alimentos de produción ecolóxica, produtos de Artesanía de Galiza e viños galegos; unha zona de bar; así como puntos de acceso a internet e de información turística. Dispuxéronse aseos adaptados para persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun punto de acceso a Internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS