icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 1.500.000 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

09-04-2008
As axudas habilitadas pola Consellaría irán destinadas para que os pequenos comerciantes do rural se adhiran á Rede de Comercio
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras para a concesión das subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. Para iso, a Consellaría disporá dun presuposto de 1.500.000 euros, como xa anunciara o conselleiro na presentación destas axudas o pasado mes de marzo. Para poder acceder a elas, consideraranse comercios rurais os situados en concellos con menos de 5.000 habitantes e en núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados nos concellos de máis de 5.000 habitantes con ou sen planeamento municipal vixente.

Poderán beneficiarse destas axudas os comerciantes ou futuros comerciantes retallistas que teñan capacidade legal de exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual; ser propietarios do local no que se desenvolven ou pretenden desenvolver a súa actividade ou ter unha disposición sobre el que permita realizar o investimento proxectado; que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade comercial en Galiza; que non superen os dez traballadores; e que os locais comerciais teñan mínimo 35 m2 e non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público.

Os solicitantes das subvencións deberán adquirir os compromisos seguintes: adherirse á Rede de Comercio Rural Galego unha vez rematadas as obras e superada a auditoría de comprobación do organismo xestor da Rede; realizar a rehabilitación seguindo o manual de adecuación do local; manter o establecemento aberto e en funcionamento durante 10 anos seguindo os requisitos de xestión recollidos nos manuais da Rede; ofrecer os produtos e servizos esixidos pola Rede; e someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a entidade responsable das auditorías da Rede de Comercio Rural Galego.

Serán subvencionables todas aquelas actividades que estean relacionadas coa adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes; a reforma da fachada da edificación onde se ubique o establecemento; a adquisición do mobiliario do local comercial; o rótulo da Rede de Comercio Rural Galego; e a adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.

Modernización do Comercio Rural
Estas axudas súmanse á orde de axudas para a modernización do Comercio Rural que xa se convocou o pasado mes de febreiro e á que se destinan 1,5 millóns de euros. Esta outra orde ten como beneficiarios os establecementos situados en concellos de menos de 10.000 habitantes, polo que poden beneficiarse dela os locais comerciais dun total de 258 concellos galegos. As actuacións básicas contempladas na orde son a reforma e adaptación do establecemento, a eliminación de barreiras arquitectónicas, así como as obras de ampliación dos locais, sempre que a superficie útil resultante sexa inferior a 300 m2. Tamén son subvencionables o deseño e execución de campañas promocionais para a captación e fidelización dos clientes; a moblaxe, elementos de decoración e outros equipamentos comerciais; e a adquisición de vehículos para uso comercial e distribución de produtos.

Orde de axudas 2008
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS