icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

MÃIS DE VINTE ESTABLECEMENTOS ESTARÃN INTEGRADOS A FINAIS DE ANO NA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

22-07-2008
A Consellaría de Innovación e Industria inviste 1,5 millóns de euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo que se suman ás catro abertas en 2007
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, vén de resolver a orde de axudas da Rede de Comercio Rural Galego a través da que investirá 1.488.051, 86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo. Estes establecementos sumaranse aos catro que dende hai un ano están en funcionamento cumprindo así, tal e como se anunciara na presentación das subvencións, o obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as zonas rurais, alcanzando a finais de 2008 os vinte establecementos multiservizo integrados na Rede de Comercio Rural Galego.

Aparte dos novos beneficiarios deste proxecto -oito dos cales son mulleres-, o éxito da convocatoria entre o comercio rural de todo o país tamén está avalado polas 42 solicitudes recibidas, cinco das cales se inclúen na lista de reserva.

O proxectos subvencionados están situados nos seguintes núcleos rurais, Santiso, Mesía, Calo-Teo, Artes-Ribeira, Gafoi-Frades, Castañeda-Arzúa, A Picota-Mazaricos, Treos-Vimianzo, Salcedo-Pobra de Brollón, Bretoña e Campo da Rosa?A Pastoriza, Céltigos-Sarria, Doncos-As Nogais, Bora-Vilares-Pontevedra, Covelo-A Cañiza, Barro e A Lagoa-Campo Lameiro. Se algún destes renuncia á axuda, pasarían a entrar como proxectos subvencionados os seguintes incluídos na lista de reserva. En tódolos casos son tendas situadas en núcleos de poboación que non superan os 1.500 habitantes ou en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Garantía de calidade
A Consellaría impulsa o proxecto de creación dunha Rede de Comercio Rural Galego dende 2007 co obxectivo favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación rural coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a súa viabilidade económica e mellorar as súas expectativas de futuro. Así, a través do modelo definido como ?tendas multiservizo?, adáptase a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorando a calidade de atención ao consumidor, apoiando a innovación e a xestión moderna e atraendo a novos clientes cara a este ámbito. A maiores, todos os establecementos forman parte da Rede coa marca ?Comercio Rural Galego? logo de superar unha exhaustiva auditoría para garantir uns estándares mínimos e en consecuencia, a fiabilidade e a calidade.

Ademais dos requisitos de adhesión que deben cumprir e manter os propietarios de todas as tendas, nas mesmas tamén se ofrecen uns produtos e servizos mínimos como produtos frescos locais; de denominación de orixe; con indicación e denominación xeográfica protexida; ecolóxicos rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA); de primeira necesidade; droguería e bazar e produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galiza. En canto aos servizos mínimos aos que poderán recorrer os consumidores están o pedido da compra por teléfono, servizo a domicilio, pago con tarxeta, taberna-bar, internet, punto información turística e reserva de restaurantes e actividades de ocio.

As tendas piloto abertas o ano pasado con grande éxito, e nas que se pode comprobar o funcionamento estándar das tendas da Rede de Comercio Rural Galego, son Casa Varela, situada en Touro (A Coruña); Casa Xustáns, de Pontecaldelas (Pontevedra), Casa Rosa, de Maceda (Ourense); e Casa Balsa, de Ourol (Lugo).

Desde finais do pasado mes de marzo, toda a información relativa á Rede de Comercio Rural Galego está dispoñible nesta web.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS