06-11-2008A ConsellarÃa dirixida por Fernando Blanco inviste 1.488.051,86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo na Coruña, Pontevedra e Lugo
A ConsellarÃa de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, investirá 1.488.051,86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Estes establecementos súmanse asà aos catro que desde hai un ano están en funcionamento con grande éxito nas catro provincias de xeito que, a finais de ano, xa estarán integrados na Rede de comercio rural galego. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución pola que se lle dá publicidade a estas axudas.
Das novas tendas, oito están na provincia da Coruña (A Ponte Arcediago-Santiso, Visantoña-MesÃa, Calo-Teo, Artes-Ribeira, Ponte Carreira-Frades, A Castañeda-Arzúa, A Picota-Mazaricos, Treos-Vimianzo); catro en Lugo (Salcedo-Pobra de Brollón, Bretoña e Campo da Rosa-A Pastoriza e Doncos-As Nogais); e cinco en Pontevedra (Bora-Vilares, Covelo-A Cañiza, Soutelo de Montes-Forcarei, Barro e A Lagoa-Campo Lameiro). En tódolos casos son comercios situados en núcleos que non superan os 1.500 habitantes ou en concellos de menos de 5.000 habitantes.
A ConsellarÃa de Innovación e Industria impulsou en 2007 o proxecto de creación dunha Rede de Comercio Rural Galego co obxectivo de modificar a tendencia de peche dos establecementos situados en zonas rurais e polo tanto, favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a súa viabilidade económica e mellorar as súas expectativas de futuro. AsÃ, a través do modelo definido como ?tendas multiservizo? adáptase a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorando a calidade de atención ao consumidor, apoiando a innovación e a xestión moderna e atraendo a novos clientes cara a este ámbito. A maiores, todos os establecementos da Rede reciben o selo ?Comercio Rural Galego? logo de superar unha exhaustiva auditorÃa para garantir uns estándares mÃnimos e en consecuencia, a fiabilidade e a calidade.
As tendas piloto abertas o ano pasado con grande éxito, e nas que se pode comprobar o funcionamento estándar da Rede de Comercio Rural Galego, son Casa Varela, situada en Touro (A Coruña); Casa Xustáns, de Pontecaldelas (Pontevedra), Casa Rosa, de Maceda (Ourense); e Casa Balsa, de Ourol (Lugo). Desde finais do pasado mes de marzo, toda a información relativa á Rede de comercio rural galego está dispoñible na web de
Comercio Rural Galego ou a través do portal da
Dirección Xeral de Comercio.
Se queres acceder a toda a información sobre a orde de axudas pincha
aquÃ.