19-01-2009A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe O Mesón Pontecarreira, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Frades
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, O Mesón Pontecarreira, situado no concello de Frades, na parroquia de Pontecarreira. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do Mesón Pontecarreira a Rede de Comercio Rural Galego conta a dÃa de hoxe con catro establecementos na provincia da Coruña. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela, e recentemente, Casa Carril, en Teo, e O Mesón de Visantoña, en MesÃa.
O Mesón Pontecarreira contou cunha aportación do departamento autonómico de 100.000 euros para a súa rehabilitación e adaptación aos manuais da Rede de Comercio Rural Galego. A inversión total para a remodelación foi de 156.000 euros. A actuación realizada foi a adecuación do anterior establecemento, respectando a súa tradición e valor arquitectónico e mesturando coa modernidade e as novas tecnoloxÃas. Trátase dun establecemento cunha gran tradición no concello e que coa actual, son cinco xeracións da mesma familia á fronte do mesmo e cunha antigüidade de máis de 130 anos.
Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio, tanto de alimentación coma utensilios para a práctica de deportes como a pesca e caza, ferreterÃa e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.
O Mesón Pontecarreira, que asà se chama este establecemento, abre agora as súas portas para dar servizo a unha parroquia rural como a de Pontecarreira e facilitar asà as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de ArtesanÃa de Galicia asà como facilitando o acceso ás novas tecnoloxÃas.
18 establecementos en funcionamentoO departamento autonómico investiu na Rede de Comercio Rural Galego un millón e medio de euros ao longo do ano 2008 . Co desenvolvemento da rede a ConsellarÃa quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo asà varios obxectivos, como son: adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación, mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economÃa rural, dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.
A rede, que contaba até o dÃa de hoxe con catro establecementos piloto repartidos por todo o paÃs, máis os recentemente inaugurados na Pobra do Brollón, A Pastoriza, As Nogais, Teo, MesÃa, Barro e Pontevedra, suma xa a dÃa de hoxe doce proxectos en funcionamento adheridos á Rede de Comercio Rural Galego.
A Rede, promovida pola Dirección Xeral de Comercio da ConsellarÃa de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral ?a través de Galicia Calidade?, unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores. O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantÃa de confianza dos produtos ofertados.
A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mÃnimos comúns a todos os establecementos da rede, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanÃa alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos de calidade. AsÃ, ademais de produtos frescos (hortalizas, verduras, froitas...) e transformados (mel, viño, lácteos, licores), comercialÃzanse denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e ArtesanÃa de Galicia. Canto aos servizos, existen uns mÃnimos como os de café-bar, un punto de información turÃstica, un punto de acceso a internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.
Nos vindeiros dÃas un total de seis tendas máis serán postas en marcha repartidas por todo o paÃs. Deste xeito, a Rede de Comercio Rural Galego contará a finais deste mes cun total de 18 establecementos adheridos, dotando asà a milleiros de galegas e galegos de máis e mellores servizos no rural galego.