icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

A COSTA DA MORTE CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

21-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe Casa Landeira, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Vimianzo
A directora xeral de Comercio acompañada do xerente de Galicia Calidade e a propietaria do establecemento
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta tarde un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Landeira, situado no concello coruñés de Vimianzo, na parroquia de Treos. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do mesmo a Rede de Comercio Rural Galego conta a día de hoxe co primeiro establecemento adherido na comarca da Costa da Morte.

A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela, e recentemente, Casa Carril, en Teo, O Mesón de Visantoña, en Mesía, o Mesón Pontecarreira en Frades, e o inaugurado onte na Picota, en Mazaricos. Con este son xa seis os establecementos postos en marcha na provincia da Coruña e un total de 14 repartidos por todo Galiza.

Casa Landeira contou cunha aportación do departamento autonómico de 93.000 euros para a súa rehabilitación e adaptación aos criterios da Rede de Comercio Rural Galego. A inversión total para a remodelación foi de 133.000 euros. A actuación realizada foi a adecuación do anterior establecemento, dotándolle dunha armonía arquitectónica e apostando polos materiais de calidade, tanto no seu interior coma no aspecto exterior. Trátase dun establecemento multiservizo, moi recoñecido no concello de Vimianzo.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.

Casa Landeira, que así se chama este establecemento, reabre agora as súas portas para dar servizo a un concello rural como o de Vimianzo e facilitar así as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.

Hai que destacar que este establecemento veu funcionando desde a súa apertura, no ano 1993 coma un lugar de encontro, sobre todo nas fins de semana, onde as veciñas e os veciños podían socializarse. Coa nova remodelación, ademais poderán gozar de maiores servizos como as novas tecnoloxías, información turística da zona ou gran variedade de produtos. Ademais, Casa Landeira continuará co seu servizo de venda telefónica onde as persoas con problemas para achegarse ao establecemento a mercar poderano facer por teléfono recibindo as mercadorías no seu domicilio.

1,5 millóns de euros
O departamento autonómico investiu na Rede de Comercio Rural Galego un millón e medio de euros ao longo do ano 2008 . Co desenvolvemento da rede a Consellaría quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo así varios obxectivos, como son: adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación, mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economía rural, dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.

A rede, que contaba até o día de hoxe con catro establecementos piloto repartidos por todo o país, máis os recentemente inaugurados na Pobra do Brollón, A Pastoriza, As Nogais, Teo, Mesía, Pontecareira, Mazaricos, Barro e Pontevedra, suma xa a día de hoxe trece proxectos en funcionamento adheridos á Rede de Comercio Rural Galego.

A Rede, promovida pola Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, conta cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que dispoñen dun servizo de asesoramento de xestión integral ?a través de Galicia Calidade?, unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores. O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantía de confianza dos produtos ofertados.

A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mínimos comúns a todos os establecementos da rede, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanía alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos de calidade. Así, ademais de produtos frescos (hortalizas, verduras, froitas...) e transformados (mel, viño, lácteos, licores), comercialízanse denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e Artesanía de Galicia. Canto aos servizos, existen uns mínimos como os de café-bar, un punto de información turística, un punto de acceso a internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.

Nos vindeiros días un total de catro tendas máis serán postas en marcha repartidas por todo o país. Deste xeito, a Rede de Comercio Rural Galego contará a finais deste mes cun total de 18 establecementos adheridos, dotando así a milleiros de galegas e galegos de máis e mellores servizos no rural galego.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS