19-02-2009 O DOG publica hoxe as subvencións para comerciantes polo miúdo que abandonen a actividade e as dirixidas a mellorar a dotación comercial no medio rural coa creación de tendas multiservizo
A ConsellarÃa de EconomÃa e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as ordes de axuda dirixidas a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial mais a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. Ambos programas execútanse en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego para 2009 ao que a consellarÃa destina neste exercicio unha contÃa inicial de 27.240.000 euros, un 16% máis que o ano pasado. Deste orzamento xeral, EconomÃa e Industria investirá 1 millón de euros na rexeneración do tecido comercial galego e 1,64 millóns euros a mellorar a dotación comercial no medio rural coa creación de tendas multiservizo dentro da Rede de Comercio Rural Galego.
A ConsellarÃa de EconomÃa e Industria impulsa desde 2007 a Rede de Comercio Rural como un modelo comercial axeitado á realidade do territorio do paÃs, orientado a promover e potenciar a apertura de tendas multiservizo. O programa está dirixido, en concreto, á adecuación de novos establecementos comerciais radicados en concellos de menos de 5.000 habitantes ou en núcleos de 1.500, situados en municipios que non superen os cinco mil residentes; á rehabilitación e reforma dos existentes e mais á adquisición do equipamento preciso para mellorar o servizo aos consumidores. AsÃ, a través desta orde de axudas, a consellarÃa ten por obxecto fomentar a adecuada dotación comercial no medio rural coa oferta de produtos de primeira necesidade e servizo de hostalerÃa, asà como promover a modernización dos locais e a adhesión ao Selo de Comercio Rural Galego. A dotación orzamentaria destinada neste exercicio ao fomento da Rede é de 1.640.000 euros. A subvención concedida poderá ser de ata o 70% do investimento, cun máximo de 90.000 euros.
Os requisitos que deberán cumprir os beneficiarios, entre outros, será a subscrición do compromiso de permanencia na Rede de Comercio Rural Galego durante 10 anos; realizar a rehabilitación do establecemento segundo o manual e o proxecto elaborado; ofrecer os produtos e servizos esixidos e someterse a auditorÃas periódicas. O prazo de recepción de solicitudes rematará o 31 de marzo de 2009.
Rexeneración do tecido comercialA orde de subvencións a comerciantes polo miúdo que abandonen a actividade ten por obxecto fomentar o relevo xeracional dos empresarios próximos a acadar a idade de xubilación e a rexeneración do tecido empresarial do paÃs, permitindo asà poñer a disposición do mercado inmobiliario novos locais comerciais. Os beneficiarios deberán ter exercido a actividade comercial de forma ininterrompida durante os dez últimos anos, ter entre 60 e 64 anos, e estar dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos últimos dez. A axuda consistirá nun pagamento anual de 10.000 euros ata que o beneficiario cumpra os 65 anos. Ademais, o cónxuxe colaborador poderá percibir o 50% do importe fixado para o titular. O orzamento destinado para a execución deste procedemento é dun millón de euros. O prazo de recepción de solicitudes rematará o 23 de marzo de 2009.
Por outra parte, o luns, 16 e o martes, 17, tamén en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego para 2009, a ConsellarÃa publicou no DOG as ordes para a modernización dos comercios situados en zonas rurais; para a mellora da calidade do comercio galego, para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo, para asociacións de comerciantes; e a de axudas aos concellos para a modernización do comercio urbano. En todos estes casos, o prazo de recepción de solicitudes rematará o 18 de marzo de 2009.
Toda a información sobre as subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Comercio pódense consultar na páxina web da ConsellarÃa de EconomÃa e Industria (www.conselleriaiei.org).