11-01-2010A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria ten destinado a este proxecto máis de 1,6 millóns de euros ao longo do ano 2009
A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, ten destinado máis de 1,6 millóns de euros á adhesión de 16 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego ao longo do 2009. En concreto, un total de sete establecementos estarán situados na provincia da Coruña, cinco en Lugo, tres en Pontevedra e un en Ourense. Con estas novas incorporacións, a rede conta xa con 35 establecementos adheridos, co obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as zonas rurais.
O proxectos subvencionados están situados nos seguintes núcleos rurais: Burres (Arzúa), San Mamede (Carnota), San Claudio (Ortigueira), Capela (Toques), Cruces (Padrón), Carres (Cesuras), Ponte do Porto (Camariñas), Vilavella (Triacastela), Reigosa (A Pastoriza), Cota (Friol), A Veiga (Sarria), Xermar (Cospeito), Santa Xusta (Moraña), Medas (O Rosal), Fontenla (Ponteareas) e Campo da Veiga (A Bola). En tódolos casos son tendas situadas en núcleos de poboación que non superan os 1.500 habitantes ou en concellos de menos de 5.000 habitantes. Toda a información relativa aos establecementos adheridos á Rede de Comercio Rural Galego dende o ano 2007 atópanse na páxina web www.comercioruralgalego.eu.
GarantÃa de calidade
A Rede de Comercio Rural Galego ten como obxectivo favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación rural coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a súa viabilidade económica e mellorar as súas expectativas de futuro. AsÃ, a través do modelo definido como ?tendas multiservizo?, adáptase a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorando a calidade de atención ao consumidor, apoiando a innovación e a xestión moderna e atraendo a novos clientes cara a este ámbito. A maiores, todos os establecementos forman parte da Rede coa marca ?Comercio Rural Galego? logo de superar unha exhaustiva auditorÃa para garantir uns estándares mÃnimos e en consecuencia, a fiabilidade e a calidade.
Ademais dos requisitos de adhesión que deben cumprir e manter os propietarios de todas as tendas, nas mesmas tamén se ofrecen uns produtos e servizos mÃnimos como produtos frescos locais; de denominación de orixe; con indicación e denominación xeográfica protexida; ecolóxicos rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA); de primeira necesidade; droguerÃa e bazar e produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de ArtesanÃa de Galicia. En canto aos servizos mÃnimos aos que poderán recorrer os consumidores están o pago con tarxeta, taberna-bar, internet e punto información turÃstica.