14-06-2010As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento
A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas a pequenos comerciantes ou promotores de comercios que se adhiran á Rede de Comercio Rural galego. A contÃa total das achegas é de 1.020.000 euros, destinados á adecuación dos novos establecementos, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición do equipamento preciso para a mellora dos servizos. A mellora do aprovisionamento das zonas rurais aparece recollida no programa IV do Plan Ãgora, agora Re-comercia, recentemente presentado pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria.
As subvencións consisten nunha disposición de diñeiro a fondo perdido do 70% do activo fixo, cun máximo de 60.000 euros, IVE excluÃdo. Os proxectos subvencionados deberán situarse en concellos de menos de 5.000 habitantes ou en núcleos rurais de poboación que non superen os 1.500 habitantes. O prazo para solicitar as axudas rematará o 14 de xullo de 2010.
A principal novidade desta convocatoria do ano 2010 é a configuración e percepción das tendas multiservizo adheridas á Rede de Comercio Rural como instrumentos estratéxicos para acadar á mellora do aprovisionamento das zonas rurais, obxectivo fundamental do programa IV do Plan Ãgora agora Re-comercia, mantendo un nivel de oferta adecuada para a poboación tanto residente como turista. A través destas axudas, EconomÃa e Industria pretende frear a tendencia de peche dos establecementos comerciais no rural e promover os establecementos multiservizo, intentando diversificar a oferta de produtos cunha aposta pola calidade, como medida para atraer novos clientes. Neste senso, a ConsellerÃa realiza exhaustivas auditorÃas aos establecementos adheridos para que garantan uns estándares mÃnimos de calidade, outorgándolles como estandarte de fiabilidade e calidade o selo Comercio Rural Galego.
Ademais, a Rede pretende modernizar a xestión dos establecementos, con dotación de servizos tecnolóxicos e como punto de acceso a internet. Tamén darlle un pulo á inserción das mulleres no mercado laboral, nun sector no que o 64% dos traballadores son mulleres.
Durante 2009 foron 35 os establecementos que se adheriron á Rede de Comercio Rural, dos que 17 se sitúan na provincia da Coruña, 9 en Lugo, 7 en Pontevedra e 2 en Ourense. A previsión da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria é que neste ano 2010 se sumen á Rede un mÃnimo de 17 negocios máis.