icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

ECONOMÃA E INDUSTRIA DESTINA MÃIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

12-08-2010
 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, está traballando no impulso do comercio rural, dotando de máis e mellores servizos á poboación residente nas aldeas e vilas galegas. Froito deste obxectivo, o departamento autonómico destinou neste ano máis dun millón de euros para o impulso da Rede de Comercio Rural Galego. O titular deste departamento, Javier Guerra, visitou hoxe un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas. No acto tamén estiveron presentes a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e o director- xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila.

O proxecto conta na actualidade con 35 establecementos adheridos e as previsións son que a finais do ano 2010 se poda chegar ao medio centenar. O conselleiro destacou os obxectivos que se marcou o departamento que dirixe de cara ao 2010-2013 e que recentemente foron presentados no Plan Ãgora. A este respecto sinalou que o goberno autonómico pretende fomentar os proxectos que activen a rexeneración e modernización dos establecementos de comercio rural, tanto en imaxe como na incorporación de elementos de innovación, obxectivos cos que naceu a Rede de Comercio Rural Galego.

Guerra remarcou a necesidade de innovar fórmulas comerciais que melloren a calidade dos servizos e a competitividade dos establecementos comerciais situados no rural, apoiando activamente a creación de comercios novos en zonas cun menor nivel de oferta comercial.

Requisitos para fomar parte da Rede
Para incorporarse á Rede de Comercio Rural Galego o establecemento ten que estar situado en núcleos de menos de 1.500 habitantes naqueles concellos que superen os 5.000 habitantes. No caso de ser un municipio que non alcance ese número de habitantes podería estar situado en calquera núcleo de pobación. Todas as persoas cando vaian a un establecemento de comercio rural deben saber que se van atopar unha serie de produtos e servizos mínimos. É básica a diversificación nas referencias ofrecidas na procura de viabilidade do establecemento, porque é mesmo unha demanda dos residentes do rural.

Todos os establecementos adheridos contarán pois con produtos frescos locais, produtos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e denominación xeográfica, produtos ecolóxicos rexistrados no CRAEGA, produtos de primeira necesidade, droguería e bazar, produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En canto aos servizos, as tendas multiservizo contarán con servizos adicionais mínimos á compra: pedido por teléfono, servizo a domicilio, pago con tarxeta, servizo de hostalería, servizo de internet, punto información turística ou mesmo reserva de actividades de ocio situadas próximas ao establecemento.

Por outra banda, a Consellería de Economía e Industria ven de conceder máis de 1,8 millóns de euros á modernización e implantación de comercios situados nas zonas rurais de Galicia, así como en diversas rutas do Camiño de Santiago co obxectivo fundamental de dinamizar a actividade comercial nos concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes ou núcleos rurais ubicados en concellos de máis de 10.000 habitantes.

A resolución desta orde de axudas, que supón un incremento de case un 27% con respecto á anterior, beneficia a un total de 283 comerciantes de 129 concellos das catro provincias galegas, “nun novo impulso para promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia, así como en diversas rutas do Camiño de Santiagoâ€.

Para coñecer máis información sobre a Rede de Comercio Rural Galego poden visitar a páxina web www.comercioruralgalego.es.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS