14-02-2008A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou o proxecto piloto de Casa Rosa, situada no concello ourensán de Maceda
A ConsellarÃa de Innovación e Industria puxo en marcha un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Rosa de Maceda. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa; o delegado da ConsellarÃa de Innovación en Ourense, Xosé Antón Jardón e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, visitaron esta mañá este proxecto piloto.
Ana Rúa sinalou que nos vindeiros dÃas a ConsellarÃa de Innovación e Industria porá en marcha dous comercios das mesmas caracterÃsticas noutras comarcas rurais.
Con isto completáse a primeira fase de creación de catro tendas piloto. Ademais, explicou, que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrando a Rede de Comercio Rural Galego.
Co desenvolvemento da rede a ConsellarÃa quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural.cumprindo asà varios obxectivos, como son: adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación, mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economÃa rural, dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.
Esta actuación, que está promovida pola Dirección Xeral de Comercio da ConsellarÃa de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral, unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores.
O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantÃa de confianza dos produtos ofertados.
A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mÃnimos comúns a todos os establecementos adheridos, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanÃa alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos e elaborados de calidade. ComercialÃzanse denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e artesanÃa da comarca.
Canto aos servizos, existen uns mÃnimos como os de café-bar, un punto de información turÃstica, un punto de acceso a Internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.
A peculiaridade de Casa Rosa é que se trata dun establecemento de nova apertura nunha das vivendas que conforman o casco antigo da localidade ourensá de Maceda, de gran tradición pola súa cor caracterÃstica que lle da nome.
No proxecto de rehabilitación tÃvose en conta a definición do local para a adaptación ás novas formas de consumo do rural. Habilitouse unha área de tenda onde se ofertarán toda unha serie de produtos de primeira necesidade, asà como alimentos de produción ecolóxica, produtos de ArtesanÃa de Galiza e viños galegos; unha zona de bar con servizo de comidas; asà como puntos de acceso a internet e de información turÃstica. Dispuxéronse aseos adaptados para persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas.
Nos vindeiros dÃas dúas tendas máis serán postas en marcha nas outras dúas provincias galegas (Lugo e Pontevedra) co que se dará por rematada a fase inicial.