21-02-2008A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou o proxecto piloto de Casa Balsa,
O concello lucense de Ourol contará co cuarto e último establecemento piloto da Rede de Comercio Rural Galego emprazado nun antigo salón de baile, Casa Balsa. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, o delegado en Lugo da ConsellerÃa de Innovación, Ramón Jesús Cortés, e o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, visitaron esta mañá o establecemento.
Ana Rúa sinalou que coa posta en marcha de Casa Balsa dáse por finalizada a primeira parte do proxecto da Rede de Comercio Rural Galego. Nos vindeiros meses, engadiu, a ConsellerÃa de Innovación e Industria porá en marcha unha orde de axudas coa que poderán acceder, logo dun proceso de selección, a unha contÃa de até un 70 por cento do custo total das obras e até un máximo de 100.000 euros. A partida total para esta iniciativa será de 1,5 millóns de euros para este ano.
Ademais, explicou, que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrando a Rede de Comercio Rural Galego.
O departamento autonómico investirá neste proxecto máis de catro millóns de euros en catro anos. Co desenvolvemento da rede a ConsellarÃa quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo asà varios obxectivos, como son:
· adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación,
· mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos,
· crear postos de traballo e dinamizar a economÃa rural,
· dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.
Esta actuación, que está promovida pola Dirección Xeral de Comercio da ConsellarÃa de Innovación e Industria, contará cunha rede de tendas repartidas por toda Galiza e que disporán dun servizo de asesoramento de xestión integral - a través de Galicia Calidade - , unha promoción conxunta das mesmas e formación para os seus propietarios e traballadores.
O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantÃa de confianza dos produtos ofertados.
A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mÃnimos comúns a todos os establecementos adheridos, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanÃa alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos e transformados de calidade. Tamén se comercializan denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galiza, produtos da marca Galicia Calidade e artesanÃa da comarca.
Canto aos servizos, existen uns mÃnimos como os de café-bar, un punto de información turÃstica, un punto de acceso a Internet e a posibilidade do pagamento con tarxeta.
Casa Balsa sitúase no antigo salón de baile, construción que conta cun gran atractivo arquitectónico e no que a restauración de todos os seus compoñentes foi un dos piares sobre os que se asentou o proxecto. Un total de máis de 120 metros cadrados repártense no mesmo para os servizos de bar, con case 40 m2, tenda, con 70 m2, estanco, lotarÃas e apostas do Estado ou mesmo venda de prensa diaria.
O concello de Ourol conta con case 1.500 habitantes dos que boa parte pasan polo núcleo, onde se atopa Casa Balsa e aos que satisfará da maior parte das súas necesidades.