icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

O MESÓN- PONTECARREIRA

 

Galería fotográfica

logo: O MESÓN- PONTECARREIRA O Mesón Pontecarreira, que así se chama este establecemento, abre agora as súas portas para dar servizo a unha parroquia rural como a de Pontecarreira e facilitar así as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.

A actuación realizada foi a adecuación do anterior establecemento, respectando a súa tradición e valor arquitectónico e mesturando coa modernidade e as novas tecnoloxías. Trátase dun establecemento cunha gran tradición no concello e que coa actual, son cinco xeracións da mesma familia á fronte do mesmo e cunha antigüidade de máis de 130 anos.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio, tanto de alimentación coma utensilios para a práctica de deportes como a pesca e caza, ferretería e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.


 
Enderezo:
Lugar de Pontecarreira, nº 10
· 15686- Frades (A Coruña)

Teléfono: 981692035
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO
en iyi dershane

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÃSICOS à POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

ankara tercüme

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS