icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA TITO

 

Galería fotográfica

logo: CASA TITO Casa Tito é o único establecemento deste tipo en Campo Lameiro polo que a súa rehabilitación cubre tamén as necesidades da poboación máis próxima ao mesmo. Este establecemento reabre agora as súas portas para dar servizo ás veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías. Ademais, continuará cos servizos que viña ofertando até o momento como o pedido telefónico ou o reparto a domicilio.

A actuación realizada foi a adecuación e rehabilitación dun establecemento que xa viña funcionando como tal dende 1975. Situado no medio do núcleo de Campo Lameiro, Casa Tito veu funcionando até a súa entrada na Rede como un establecemento que contaba cos servizos de bar, tenda e restauración.

Casa Tito atópase na segunda xeración familiar á fronte do negocio. Debido á corta idade do seu promotor, 28 anos, o futuro do establecemento está garantido. Ademais, hai que reseñar que con esta adecuación estase a manter varios postos de traballo no negocio. O feito de situarse próximo a Pontevedra implica que o establecemento preste servizo tamén aos turistas que se acheguen, sobre todo polo verán, ás costas pontevedresas.

A rehabilitación que se realizou no edificio pretendeu en todo momento conservar a súa beleza e tradición arquitectónica, apostando polos materiais de calidade. Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio, unha zona de bar e tamén un comedor para o servizo de restauración. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.

 
Enderezo:
Rúa Codesada nº10 Baixo
· 36110- Campo Lameiro (Pontevedra)

Teléfono: 986752021
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO
en iyi dershane

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÃSICOS à POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

ankara tercüme

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS