icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA LANDEIRA

 

Galería fotográfica

logo: CASA LANDEIRA Casa Landeira reabre agora as súas portas para dar servizo a un concello rural como o de Vimianzo e facilitar así as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.

A actuación realizada foi a adecuación do anterior establecemento, dotándolle dunha armonía arquitectónica e apostando polos materiais de calidade, tanto no seu interior coma no aspecto exterior. Trátase dun establecemento multiservizo, moi recoñecido no concello de Vimianzo.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.

Hai que destacar que este establecemento veu funcionando desde a súa apertura, no ano 1993 coma un lugar de encontro, sobre todo nas fins de semana, onde as veciñas e os veciños podían socializarse. Coa nova remodelación, ademais poderán gozar de maiores servizos como as novas tecnoloxías, información turística da zona ou gran variedade de produtos. Ademais, Casa Landeira continuará co seu servizo de venda telefónica onde as persoas con problemas para achegarse ao establecemento a mercar poderano facer por teléfono recibindo as mercadorías no seu domicilio.
 
Enderezo:
Lugar de Treos, nº 56
· 15129- Vimianzo (A Coruña)

Teléfono: 981731434
volver

Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO
en iyi dershane

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÃSICOS à POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

ankara tercüme

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS